Información Produccions Contacto Versión en castellano
 
Oráculo. ¿Quen coñece Galicia?
Ano de producción: 2004
Pendiente de edición




Oráculo contén todo o coñecemento de Galicia a través de 3.150 preguntas. Gañará quen máis se aproxime a el nunha apaixonante competición de trivial e puzle.

Regras do xogo:
- De dous a catro xogadores.

- O mazo coas 315 cartas de preguntas colócase coa fotografía do concello cara arriba.

- Os xogadores sortearán con cal das catro parcelas (A Coruña/amarelo, Lugo/verde, Ourense/laranxa e Pontevedra/azul) nas que está dividido o puzle debera xogar cada un e quen comeza a partida.

- O xogador anterior a este colle unha carta e formúlalle a pregunta.

- No caso de acertar, recibe esa carta e realízase a pregunta número 2 da seguinte carta, e así sucesivamente ata que cometa un erro.

- As cartas conseguidas ata que se cometa o primeiro dos erros mudaranse polo mesmo número de pezas do puzle, correspondentes á parcela dese xogador (exemplo: tres respostas acertadas = Tres pezas do puzle).

- Tanto as cartas erradas como as trocadas por pezas do puzle voltarán ao mazo.

- Unha vez realizada a pregunta número 10, comezarase outra vez coa pregunta 1 da seguinte carta.

- Gaña a partida o xogador que primeiro complete a súa parcela do puzle.
Outras modalidades:
Trivial
- Baixo as regras que cada un estableza.

Puzle
- Método tradicional


Inicio Información Produccions Contacto Version en castellano