Información Produccions Contacto Versión en castellano
 
O    B E Z O A R
Curtametraxe.
Data de producción: abril 2003.

María traballa na sección de reparto dun xornal. Durante unha das súas xornadas laborais descubrimos que María é víctima de suores de orixe descoñecida.

De xeito inconsciente a protagonista trata de mitigar o seu nerviosismo mordendo os seus propio cabelos en calquera ocasión.

De volta a casa desde o seu traballo a rapaza cruza a ollada con Seixo e xorde entre eles certa atracción. Mais as crises da moza na intimidade do seu fogar son cada día máis violentas. Días despois atopará de novo na rúa a Seixo, quen desta volta decide seguila. Xuntos acoden a un bar onde intercambian bicos e aloumiños. Pero os desexos de María por levar a cabo unha relación sexual satisfactoria son interrompidos por unha nova crise nerviosa que lle provoca unha perda do coñecemento. Xa na casa, o seu avó Telmo recoñece os seus síntomas como un caso de ramo cativo, e ao día seguinte acompáñaa ata unha capela onde o seu titular leva a cabo exorcismos.

Don Amaro recibe os recén chegados cun vello ritual herdado dos seus antecesores na parroquia, e a moza entra en catarse. O ritual remata cando María vomita o bezoar que medraba no seu interior, de tal xeito que aos poucos minutos é patente a súa recuperación.

Nunha segunda cita con Seixo a relación amorosa dos rapaces é plenamente satisfactoria. Mais cando a historia parece chegar ao seu fin, a conducta de María revelará unha nova manifestación do ramo cativo.



Ampliar imagen
Ampliar imagen
Ampliar imagen

MARÍA Verónica Docando
DON AMARO Gonzalo Paradela
TELMO José M. Pol
SEIXO Gonzalo de Cora
PILAR Pilar Sarceda
FIGURACIÓN Francisco González / Adrián Castillo / Álvaro Ventura / Mateo Bermúdez / Ignacio López / Roi García / Carlos Gómez / Saleta Losada / Mª del Mar Fernández / Teresa Calvo
DIRECCIÓN Gonzalo de Cora
DIRECTOR DE FOTOGRAFÍA E MONTAXE Yago Mazoy
GUIÓN José de Cora
PRODUCTOR EXECUTIVO José Tejero
DIRECTORA DE PRODUCCIÓN Mercedes Díaz
LUZ E SON Luzsón
ESTUDIO DE GRAVACIÓN DDA
MAQUILLAXE Rut Fernández
Inicio Información Produccions Contacto Version en castellano