Información Produccions Contacto Versión en castellano
 
Lugopress S. L foi creada o 10 de xaneiro de 1997, como unha empresa máis do Grupo El Progreso, que forman o xornal El Progreso, de Lugo, Diario de Pontevedra, Localia Telelugo, Productora Tv. El Progreso, Artes Gráficas El Progreso e La Comarca del Eo.

Nunha primeira etapa acometeu proxectos con destino a distintos medios de comunicación, como foi a colección de 53 fascículos, "La otra historia de Galicia".

No ano 2001 realiza o docudrama "Vinte séculos de noivado", composto por trece capítulos de 25 minutos, con rodaxe en Lugo, Castroverde, Foz, Cervo, Cedeira e Muxía. O docudrama conta coa participación de máis de cincuenta actores e figurantes. Foi adquirido pola TVG para a súa emisión.

"Vinte séculos de noivado" foi presentado no "23 Festival du Film et de la Télévision Celtiques", celebrado en Quimper (Francia) os días 20-23 de marzo de 2002, dentro da sección de exhibición, adicada nesta edición a Galicia.

Durante os meses de marzo e abril de 2002 organiza e leva a cabo o ciclo de conferencias "O amor e como conseguilo na Galicia máxica" para a programación cultural de Caixa Galicia. O ciclo desenvolveuse nos concellos de Monterroso, Quiroga, Monforte de Lemos, Lugo, Cospeito, Vilalba, Viveiro, Xove, Burela e Ribadeo.

O seguinte proxecto foi a serie documental "Saúde, diñeiro e amor", (13 cap. x 25´), na que se recollen crenzas e tradicións vencelladas ás pedras de Galicia.

En decembro do 2002 realiza o libro "Calendario de Galicia".

No mes de abril de 2003 produce a curtametraxe "O bezoar".

Na actualidade prepara a rodaxe de dous longametraxes: "O Ladrón de Reliquias", en coproducción con CTV, e "O Ano da Carracha", en coproducción con Filmanova; así como un documental, o proxecto dun xogo de mesa sobre o Camiño de Santiago e outras iniciativas editoriais.


LUGOPRESS, S.L
Lugo - Praza Maior, 20, 3º
C.P 27001
CIF: B27214295
Telf: 982 283 010 / 982 298 100 (Ext: 311)
Fax: 982 298 107



Inicio Información Produccions Contacto Version en castellano