Información Produccions Contacto Versión en castellano
 
El año de la garrapata
Ano de producción: 2003
Telemovie
Galardonada con 8 Premios Mestre Mateo
Mellor Longametraxe
Mellor Dirección
Mellor Actor Protagonista
Mellor Actor Secundario
Mellor Actriz Secundaria
Mellor Dirección de Producción
Mellor Montaxe
Mellor Maquillaxe e Perruquería

¿Nunca escoitaron falar vostedes das "carrachas"? ¿Nunca coñeceron a unha persoa? Seguro que si.

Efectivamente, todos temos algún amigo "carracha" se é que nós mesmos non o somos que, tras acabar os estudos, sempre ten algunha escusa para seguir no fogar paterno, "chup-chup", chuchándolles o sangue a seus pais e gozando da vida como ten que ser, sen preocupacións e con ledicia.

Esta é a historia de Fran, un aprendiz de carracha, e do seu longo camiño, dun ano de duración, cara ao carrachismo profesional.

A película comeza cando Fran chega ao inevitable momento de rematar a carreira, a partir de aí, surxen un sinfín de dilemas dos que vai a depender o seu futuro. Os primeiros traballos, sempre frustrantes e, en moitos casos, próximos ao absurdo; os problemas coa súa noiva provocados pola crise post-licenciatura; a incerteza místico-laboral; a lotería das oposicións e outras paranoias cotiás son as que van traer de cabeza ao noso protagonista durante o ano máis intenso da súa vida. Un ano no que cada decisión é vital (calquera paso en falso pode conducirte ao abismo ou, aínda peor, ao mundo laboral) e no que Fran, guiado polo seu colega Morgan _fillo de ricos e orgulloso teórico do carrachismo_, aprenderá moito sobre como chegar á dolce vitta da dependencia paterna.

O ano da carracha é, en definitiva, unha fermosa historia de amizade e tesón onde prodesse e delectare se unen con tanta forza como a pizza ás casas de estudantes, como as carrachas á billeteira paterna.




ACTORES
FranFélix Gómez
MorgánJavier Veiga
AnaVeróncia Sánchez
PatriciaMaría Vázquez
LitoVictor Clavijo
RosaCamila Bossa


EQUIPO TÉCNICO
Dirección:
Dirección Jorge Coira
1º Axte. DirecciónSara Mazquiarán
2º Axte. DirecciónIñaqui Beraza
Aux. de DirecciónLorena Vilas
ScripAna Monteagudo
Director de CastingÁlvaro Guevara
Producción:
Prod. ExecutivoJosé de Cora
Prod. ExecutivoAntón Reixa
Director de Prod.Xavier Eirís
Xefe ProducciónPablo Atienza
Xefe de local.Quique Batet
Coord. ProducciónJosé Tejero
Coord. ProducciónMercedes Díaz
Aux. ProducciónJorge Eiroa
Aux. ProducciónDamián Varela
Aux. ProducciónMario Carballo
Prod. MusicalBlanco
Fotografía:
Director de fotografíaChechu Graf
Aux. CámaraJosé L. Salomón
Decoración:
Director ArtísticoAntonio Pereira
Axte. DecoraciónCurru Garaval
RexedoraAna Sánchez
Atrezzista rodaxeJuan Mena
Atrezzista rodaxeOzo
Aux. de rodaxeJulián Esteban
Vestuario:
Xefa vestiarioMarta Anta
Maquillaje & Peluquería:
Xefa maquillaxeRaquel Fidalgo
Axte. MaquillaxeCris Couto
PeluqueríaMaría Barreiro
Foto Fixa & Making off:Miguel Granero / Carmen Velayos
MontaxeGuillermo Represa




Ver trailer Windows Media



Ampliar cartel
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Inicio Información Produccions Contacto Version en castellano