Información Produccions Contacto Versión en castellano
 


Trátase dunha serie de trece capítulos de vinte minutos cada un, nos que se seguen os pasos da persoa enviada por unha productora cinematográfica, co fin de localizar escenarios para unha película.

O viaxeiro coñece á que será a guía encargada de lle relatar a historia do Grial do Cebreiro, motivo central da película que se pretende rodar. A medida que os dous personaxes visitan cada un dos lugares relacionados coa lenda, o cineasta imaxina as escenas que darán corpo ao seu guión.

Tanto as paisaxes como a acción corresponden aos dezasete municipios da comarca de Ancares, incluíndo en cada un deles os aspectos máis destacados da súa historia, etnografía e arte.

A serie trata de resaltar os aspectos máis curiosos, amenos e descoñecidos da zona ancaresa, así como a beleza da súa paisaxe e a orixinalidade do seu conxunto.



Capítulo I:
Robert Norton, productor de cinema norteamericano, chega a Galicia co fin de buscar localizacións para súa próxima película. No municipio de Baralla, lugar elixido por Mª José _a que será a súa guía_, comezan o percorrido por terras ancaresas. Pazos como os dos Osorio en Santiago de Aranza, ou a Casa Torre de Basille onde se supón que residiu un dos personaxes inmortalizados por Lope de Vega na obra "El mejor alcalde, el Rey"; son paradas obrigadas deste percorrido.
A visita ao mosteiro de Santa María de Penamaior dará pé á cicerone para principiar o relato dunha serie de lendas vencelladas a estas terra, como a procura do Santo Grial por parte dun cabaleiro da corte do Rei Arturo, ou o acontecido no camiño de Envernaullas á filla dunha lugareña a que o diaño converte nun duro penedo.
A aldea de Furco, con curiosas regras de medición, Santa María de Cascallá ou O Cereixal, como terra onde se agochan innumerables tesouros, completan os plans da xornada.

Capítulo II
Guía e productor deteñen o seu camiñar para disfrutar dun día de feira en Becerreá. Da capital dirixen os seus pasos a Ouselle, antano importante asentamento dos celta zoelas, e Agüeira para visitar non só ao santo avogoso dos animais, san Bieito, senón tamén un curioso manancial que muda a cor das aguas segundo veña o día. Ademais teñen interese en visitar a carísima ponte _segundo a raiña Isabel II_ de Cruzul, para coñecer in situ as historias que sobre ela se contan.
Aldara, filla do señor da torre de Doira, e Aras xúranse amor eterno. Para este ceremonial a xove emprega un preciado caliz. Todo o proceso é seguido polo demo que pretende facerse coa brillante copa.
En San Pedro de Cadoalla ollan a porta da igrexa que os romeiros rachan para conseguir amuletos dela. Noutro templo, netes caso no de Toldaos, admiran a valiosa Virxe Abrideira, e xa en Triacastela pasean polas súas rúas entre murmurios de orixes templarias. Desfiladeiros como o de Pena Partida ou o monte Albela falan de lendas e tradición aínda non esquecidas.

Capítulo III
Os camiñantes terán a oportunidade de coñecer importantes torres, escenarios de curiosas lendas. Na de Doncos sitúase a historia dun cabaleiro que consagra a súa vida a protexer aos peregrinos cristiáns; e a de Torés relaciónase coa chegada do corpo de Santiago Apóstolo a terras galegas. De regreso á capital municipal, Robert e Mª José deciden visitar o cemiterio de Vilaicente onde repousa o home que lle quitou unha moa á raíña Isabel II. Xa en As Nogais ollan admirados as antigas pinturas da igrexa de San Andrés, ademais de procurar un lugar para o descanso desa noite. Coas forzas renovadas, e antes de asistir á festa que nas Fontes lles teñen preparada, os camiñantes detéñense no Souto do Robledo, onde unha lenda acontecida nestas terras dá pé á guía para continuar coa historia fantástica principiada en capítulos anteriores.
Mentres Aldara e Aras agardan a tan desexada voda, o demo ten prevista unha nova actuación na zona. Persigue á xove por entre un rochedo co fin de se facer co preciado copo. Na fuxida Aldara perde o saco onde está o caliz e recibe o conxuro de Belcebú que a fai desaparecer.
Xa en San Xoán de Noceda os camiñantes teñen a oportunidade de escoitar as badalada das campás que teñen sona de afastar os lóstregos.

Capítulo IV
En San Román de Cervantes, Robert e Mª José, coñecen o tipo de vivenda tradicional destas terras, a palloza. Bordeando as montañas de Castelo e Vilaluz chegan ao castro de Sta. María. Xa en Quindous, pasean xunto aos torreóns redondeados do castelo, noutrora de grande avoengo. Espléndidas paisaxes lles acompañan ata chegar ao pazo dos Saavedra, en Vilarello. A ilustre casa parece estar vencellada ao autor do Quixote. A visión da torre de Doira convida a que alí se continúe a interrompida historia de Aldara.
A desaparición de Aldara e a súa infructuosa búsqueda fai pensar no peor. Unha sabia do lugar tranquiliza á familia dicíndolles que Aldara non está morta. Anos despois, Aras mata nunha cacería a unha cerva branca, a que lle corta unha pata por non a poder trasladar enteira. Cando mostra o triunfo conseguido ao señor de Doiras, esta convértese no brazo da súa namorada. Destrozados pola pena comprenden que a xove foi víctima dun feitizo.
A grande altura, na Campa da Braña, encóntrase a Fonte dos Namorados que os camiñantes queren visitar. Antes de que finalice a xornada apuran o paso para coñecer Donís e a curiosa historia que fala de terse constituído en republica independente.

Capítulo V
En Navia de Suarna os camiñantes teñen a oportunidade de coñecer máis sinos que afastan o raio, é o caso de San Estevo de Vilarpandín. Ao longo do municipio son moitas as casas blasonadas que falan do pasado glorioso destas terras. No medio da montaña a aldea de Coro chama a atención dos visitantes polo ben coidadas das súas construcción. Alí farán unha parada para coñecer como viven os seus lugareños. Xa en terras leonesas Robert e Mª José admiran as paisaxes desde Balouta.
O cadáver de Aldara repousa na torre de Doiras. A sabia de Valcoba elabora un preparado para unir o seu brazo e que volva á vida.
Os camiñantes detéllense primeiro en Pan do Zarco para ollar de perto os orixinais cortíns de mel, e máis tarde en Murias para beber da fonte de augas ferruxinosas. Santa María de Rao, coa súa igrexa inzada de anxos, será a última localidade visitada da xornada.

Capítulo VI
A xornada comeza en Santa Eufemia de Peranzanes, onde os paseantes coñecen o templo do século XVIII que alí se encontra. En Trascastro, no campo de Milandriegas, todos os 15 de agosto celébrase unha multitudinaria romaría pois nese lugar sitúase unha das moitas aparicións marianas. Perto destas terras contemplan os restos dun teleférico que durante case trinta anos foi empregado para o trasporte de carbón. Como a calor apreta seguen a ruta do río Trayecto en busca de refresco. No camiño de subida a Trascastro os viaxeiros pasean por entre varias cabanas reconstruídas co fin de mostrar o xeito de vida tradicional desta zona de montaña. Máis adiante o Castro de Chano fala de antigos asentamentos no que se encontraron importantes achádegos arqueolóxicos. Xa en Suarbol, o americano coñece a curiosa orixe do actual emprazameto da igrexa. As múltiples lendas da zona dan pé a guía para continuar as historia inacabada do Grial.
Galaaz e o seu escudeiro, seguen tras as pistas do caliz sagrado. Despois dunha dura xornada, Crone imaxínase folgando cunha muller. Belcebú que escoita os seus pensamentos cúmprelle o desexo, e tras disfrutar da moza, esta volta ás formas de diaño.
En Fumeixín os viaxeiros interesaranse polas augas ferruxinosas da súa fonte e paran a descansar baixo o portalón da igrexa de san Martín de Espinareda, onde escoitarán historias e cancións da zona.

Capítulo VII
Os viaxeiros chegan ata Pumarín. Alí nos prados de Isquela escoitan falar dun túnel subterráneo, habitado por seres fantásticos, que se une cos alicerces do castelo de Balboa. Esta historia introduce a inacabada historia do Grial.
Galaaz cabalga en solitario cando albisca ao lonxe a unha muller que peitea os seus cabelos sobre unha rocha. Ela entregaralle o peite e mais un saco. Cando isto fai, o cabaleiro comproba que a man do encanto non é senón pata de cerva.
A hora do xantar colle aos camiñantes en Cantejeira polo que deciden parar e descansar nunha fermosa palloza. Os arredores do castelo de Balboa é o emprazamento escollido polos lugareños para prender unha fogueira na noite de san Xoán. Alí Robert e Mª José farán todo o ritual que esta noite obriga. A xornada do día seguinte iníciase en Parajís coa visita á capela do santo Anxo, onde o demo ocupa lugar destacado no altar. Outro dos lugares que planean visitar é Campo del Agua coas súas construccións tradicionais, e o enorme val do Arroio de Porcarizas. Ademais de Vilar de Aceiro ou as Médulas da Leitosa.

Capítulo VIII
A xornada comeza en Vega de Valcarce onde poden pasear por entre os muros do Castelo de Sarracín. De alí marchan cara Ruitelán para coñecer a ermida de san Froilán. Esta visita vai acompañada de curiosas lendas alí acontecidas. Localidades como a de Herrerías dan conta do grande número de forxas que noutrora existían nesta zona. Mª José continua co relato do cabaleiro Galaaz.
Crone, o escudeiro de Galaaz, despistado do seu señor ten que pasar a noite subido a unha árbore pois os aullidos dos lobos fan que teña moito medo.
Como é verán, os viaxeiros contemplan con envexa os baños no río de lugareños e visitantes.

Capítulo IX
Robert e Mª José entran en Vilafranca para percorrer as súas rúas e admirar as súas construccións, como o castelo de Peñarramiro coa súa lenda de tráxicos amores, ou a igrexa de Santiago, onde os peregrinos enfermos poden gañar o xubileo. Interésanse tamén pola Colexiata de Sta. Mª ou o convento de Nosa Señora da Anunciación coas reliquias de san Lourenzo de Brindisi. A localidade chea de maxia lémbralle a Mª José que a historia do copo sagrado está aínda sen rematar.
A desaparición de Crone preocupa a Galaaz que cabalga en solitario. Ao chegar a un río ve como unha muller embarazada tenta atravesar as súas augas. A muller desexaría que alguén construíse unha ponte para aforra traballos. O demo escoita o seu pensamento e promételle levantar unha, se lle entrega a primiera criatura nacida na aldea. Ela accede. A imprudencia cometida pola moza é subsanada polo cabaleiro que entrega ao maligno un gatiño nado esa mesma noite.

Capítulo X
Jimena Muñiz, amante do rei Alfonso VI, encóntrase soterrada no mosteiro de san Andrés en Vega de Espinareda ao que acoden os camiñantes nunha nova xornada. Na contorna deste monumental edificio está a Fonte da Vida famosa polas súas potencias sanadoras. No Alto de San Bartolo, Mª José aproveita o merecido descanso para proseguir co relato do cabaleiro e mais o seu escudeiro.
O saco entregado pola xove a Galaaz parece guiar os pasos dos dous homes. Chegados a Noceda, comeza unha grande tronada que o cura tenta paliar co toque de campás, conseguíndoo ao pouco de facelas soar.
Chegan ata Burbia, onde admiran os cumes do Mostallar, o Cuíña e os Dous "Hermanitos". O día seguinte a xornada comeza coa visita á Bustarga, lugar cheo de beleza e infinitas lendas.

Capítulo XI
Novas paisaxes abrénse diante dos viaxeiros, neste caso as que rodean ao concello de Corullón. As igrexas de san Esteban ou san Miguel conforman parte do percorrido por esta localidade, que se completa coa visita ao castelo que en ela se levanta. O visión desta edificación anima á guía a continuar a narración da xove Aldara.
O cabaleiro Galaaz chega ao castelo de Doiras onde coñece a historia da xove doncela. Co relato da mesma entende a aparición do estraño encanto no seu camiño. Aras únese ao cabaleiro e a Crone na búsqueda dunha solución para o feitizo.
Cinco quilómetros más arriba de Cadafresnas atópanse os restos do que foi unha explotación mineira de wolfram. Robert coñece a través da guía que Franco e Hitler trataron a compra deste material na famosa entrevista de Hendaia. De alí os viaxeiros marchan cara a La Barosa en Sobrado para coñecer a Ponte do Estreito, obra de enxeñería que foi inaugurada polo rei Alfonso XII. A seguinte parada fana noutra ponte, esta máis humide, a ponte colgante que une as localidades de Valiña e Requejo. Pronto albiscarán as crestas dos Penoucos, que fan fronteira con Galicia.

Capítulo XII
A guía e o norteamericano visitan o municipio de Oencia onde noutrora existiron un bo número de ferrerías. Xa en Arnado escoitan falar dunha recente aparición mariana nestas terras. Camiño do Montouto, monte fronteirizo de tres provincias, teñen que atravesar unha ponte de madeira. Ao día seguinte deciden visitar Barjas, mais antes de chegar á capital, desvíanse para ver de perto Campo de lebre e as faias centenarias de Busmaior, que tanta sona teñen. Mª José insiste en lembrar aquí outra das historias que nestas terras se contan.
Só un campesiño acode a misa debido á grande nevarada que está a caer. A presencia de Belcebú no templo fai que o oficiante teña serias dúbidas do que está a facer durante a eucaristía. O demo amosarase satisfeito ata o momento en que presente a proximidade dos cabaleiros.
Un veciño de Cruces mostrará aos viaxeiros unha modalidade de bolo berciano, practicado por el durante anos.

Capítulo XIII
O percorrido está a piques de rematar para o norteamericano. Antes, unha última parada no municipio de O Cebreiro, cocretamente en Hospital da Condesa para coñecer a orixe do curioso topónimo e visitar a igrexa do lugar. O percorrido continua cara a Vilasol, onde hai unha pequena capela dedicada ao santo Anxo. Robert coñece ao brindeiro de Louzarela que lle recitará unha boa parte dos seus brindos. A continuación os camiñantes farán a ruta dos muíños que conduce ata o nacemento do río Navia. O productor lembra a historia do campesiño que asiste a misa naquel domingo nevado e quere realizar o seu mesmo percorrido, chegando ata a igrexa de Sta. Mª a Real. Alí a guía proporcionará a última entrega da súa lendaria historia.
No momento da eucaristía o cura de O Cebreiro comproba con abraio como o pan se ten convertido en carne e o viño en sangue. Nese momento fan entrada na igrexa Galaaz, Aras e Crone, levando o caliz sagrado nas súas manas. No camiño de Envernallas a moza recupera as formas humanas e Aldara volve á vida.
O cineasta regresa a Los Ángeles co material da película sobre Os Ancares.






Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen

ACTORES
GALAAZ / ROBERT NORTON Gonzalo Paradela
CRONE Javier Fernández
ARAS Jesús Trebolle
ALDARA Lucía González
FROIAS José Fernández
BELCEBÚ Xoán R. Teixeira
DEMO 1 Alejandro Pardo
DEMO 2 Carlos Fernández
CAMPESINO / TABERNEIRO José M. Pol
NAI Mercedes Novo
FILLA Lucía Álvarez
SABIA / CICERONE Mª José Gómez
MULLER EMBARAZADA Patricia Lugilde
MULLER PÍCARA María Rodríguez
MONXE Xosé A. Alonso
DIRECCIÓN José de Cora
REALIZACIÓN Yago Mazoy
PRODUCCIÓN José L. Tejero
COORDINACIÓN Mercedes Díaz
GUIÓN José de Cora
AXTE. DE DIRECCIÓN Gonzalo Cora
AXTE. DE PRODUCCIÓN Miguel Blanco
LUZ E SÓN Luzson S.L
ESTUDIO DE GRABACIÓN D.D.A
VOZ EN OFF Antón Cancelas
EQUIPO FILMACIÓN AÉREA Airnor
CARPINTERÍA Ángel Villar
VESTIARIO America Soto
MAQUILLAXE Rut Fernández
PERRUQUERÍA Ana Fernández
EFECTOS ESPECIAIS Ricardo Spencer y Carolina Fernández
Inicio Información Produccions Contacto Version en castellano