| |
O 1 de novembro de 1897, morre salvaxemente asasinado o párroco dunha aldea francesa situada no Camiño de Santiago. Hoxe, 105 anos despois, o crime continúa sen se resolver.
A efeméride non tería nada de particular, se nese mesmo lugar non se tivese afirmado que alí viviron María Magdalena e seus fillos, os Sant Real ou Santo Grial.
Outros nomes cargados de enigmas se foron sedimentando antes e despois da morte do abade Gèlis: cátaros, merovinxios, Arcam Dei, Xesucristo, Priorato de Sión, Tour Magdala...
Crime sen castigo é unha reportaxe de 25 minutos que trata de establecer as claves para a resolución do caso. O escenario do crime é Rennes-le-Château, un lugar onde hai 105 anos o asasinato sumóuse ás súas numerosas lendas.
|
|