Información Produccions Contacto Versión en castellano
 


"20 séculos de noivado" é unha serie de 13 capítulos de 25' de duración na que se fai un percorrido polos usos, costumes, tradicións, ritos, crenzas ou supersticións de Galicia ao redor da muller nos seus papeis de moza e noiva a través das distintas épocas históricas.

Capítulo 1: "Os xogos profesores"
As primeiras picardías, xogos de nenos, aprendizaxe sexual, probas de mocidade, sociedade de mozos, xogo da cadela, xogo dos beliscos, xogo de prendas.

Capítulo 2: "Canóns de beleza"
Cosmética e coidado de corpo, a pel branca e o sol, a hixiene húmida e a hixiene seca; a delgadeza, o papel dos alimentos, o coidado do cabelo e a súa significación, pos de albaialde, baños de leite.

Capítulo 3: "O lume do amor"
Ritos de namorar, cristalización de costumes, o lume novo, o lume da lareira, os magostos, o lume de San Xoán, significado dos saltos, ritos de algas.

Capítulo 4: "Estreitos, sortes e resortes"
As liñas de pos de defunto e de palla, os estreitos, as sortes e as resortes, a proba dos allos, probas de adiviñación, os sinais do futuro, o papel das sabias, o rito do Alto das Meigas.

Capítulo 5: "Coa axuda da maxia"
Consultas á natureza, proba dos panos, probas das tres xuncas, proba da serpe, o baño en San Xoán, preguntas ao cuco, a herba namoradeira.

Capítulo 6: "Coa axuda da química"
San Antón casamenteiro, filtros de sangue, herbas de camposantos, pos de mármore, as moedas de prata, o láudano, o hipómanes, apócemas e contra-apócemas, a ra das quenturas.

Capítulo 7: "O Fiadeiro"
Bacanais dos traballos comunitarios, brincas e brinquetas, o traballo dos fiadeiros, a comida, os bailes, o xogo do parto, o xogo da mula, as prédicas do abade, o xogo dos diaños, o rosario.

Capítulo 8: "Luz e orxías"
As festas, as romarías e o viño; o abellón e a súa orxía, as bacanais de novembro, a catropea das vodas, a chegada da luz, o maxisterio de San Agustín e a súa chegada á aldea.

Capítulo 9: "Parrafeos"
O valor da palabra, "quitáchesme un pretendente", parrafeos compartidos, a ruada, o papel das olas, fórmulas da conversa, como chamar nas casas, as brañas.

Capítulo 10: "Avatares do noivado"
Parrafeo de gateira, o valor dos bicos, fillos ilexítimos, vodas de mañá, a zurra antes da voda, vodas de troque, o albaroque, os días de voda.

Capítulo 11: "Fertilidade"
A impotencia, a esterilidade, como facer o coito, o rito das pontes, o aceite da igrexa, a pedra de concibir, as nove ondas da Lanzada, a Pedra de Abalar, o sartego de San Guillerme, o caravel mariño de San Andrés.

Capítulo 12: "Casa feita, muller por facer"
Ritos de pedras, ritos de augas, lavados fertilizantes, métodos contraconceptivos, baños de lúa, baños de orballo, a beizón do leito, a mazá de alcipreste, amuletos, espermicidas, probas de virxindade, devolver a virxindade.

Capítulo 13: "Adeus á soltaría"
Noivos de lonxe, pagar o piso, probas de amor, noivos comprometidos, os alumeados, pelexas, o significado da comida, noivos de proba, o costume das brañas, os concertos, o papel do chufón, os días anteriores á voda, fixar a palabra, as amoestacións, a voda.



Ampliar imagen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen
Ampliar imaxen

O VISITANTE Jorge de Vivero
OS NOIVOS Lucía González/Iván Acebo
AS MOZAS Sandra Rodríguez / Mª del Carmen Silvén / Nohemí Geada
OS MOZOS Emilio Gontá / Javier Fernández / Francisco X. Rey
OS PAIS Mercedes Novo / Remedios López / José Fernández / Jaime López / Pilar Sarceda
O PÁRROCO Gonzalo Paradela
O CHUFÓN José M. Pol
A SABIA Mª José Gómez
O HOME DA SABIA Ángel Villar
MOZA CIDADÁ Mª Victoria Rodríguez
NAI DA MOZA CIDADÁ Isabel López
AS NENAS Desiré Vega/Noelia Parajuá/María Fernández/Eva de Cora/Carmen Villar
OS NENOS Jesús López/Gutier Ferreiro/Santiago Pillado
O HOME DA SORTE DO PAXARIÑO Isidoro Rodríguez
O GAITEIRO Eloi Caldeiro
DIRECCIÓN José de Cora
REALIZACIÓN Yago Mazoy
PRODUCCIÓN José L. Tejero
COORDENACIÓN Mercedes Díaz
MÚSICA Eloi Caldeiro
GUIÓN José de Cora
AXTE. DE DIRECCIÓN Gonzalo de Cora
AXTE. DE PRODUCCIÓN Miguel Blanco
LUZ E SON Luzson S.L
CARPINTERÍA DE RODAXE Angel Villar
VESTIARIO Centro de Artesanía e Deseño de Galicia
MAQUILLAXE Centro de Estética Pepa
PERRUQUERÍA Doana
Inicio Información Produccions Contacto Version en castellano